Saltar ao contido

Walter Pandiani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWalter Pandiani

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de abril de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Outros nomesRifle Editar o valor en Wikidata
Altura184 cm Editar o valor en Wikidata
Peso81 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de fútbol, futbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata - 2016 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaUruguai Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1995–1997 Club Atlético Progreso 22(12)
1997–1998   Club Atlético Basáñez 0(0)
1998–2000   CA Peñarol 71(29)
2000–2005   Deportivo da Coruña 86(31)
2002–2003 cesión   RCD Mallorca 33(13)
2005–2005 cesión Birmingham City 14(4)
2005–2006 Birmingham City 17(2)
2006–2007   RCD Espanyol 52(8)
2007–2011   CA Osasuna 92(27)
2011–2012   RCD Espanyol 16(3)
2012–2013   Villarreal Club de Fútbol 17(2)
2013–2013   CD Atlético Baleares 9(1)
2013–2014   Club Sportivo Miramar Misiones 19(5)
2015– FC Lausanne-Sport
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2001–2004   Uruguai 4(0)

Twitter: riflepandiani7 Instagram: riflepandiani7 FIFA: 182782 Editar o valor en Wikidata

Walter Gerardo Pandiani Urquiza, coñecido tamén como O Rifle, nado en Montevideo o 27 de abril de 1976, é un exfutbolista e adestrador uruguaio. Xogaba na posición de dianteiro e foi internacional coa selección uruguaia.

Dende xullo de 2021 adestra o Atlético Cerro, da Segunda División do Uruguai.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Montevideo e ten ascendencia italiana, pois un dos seus avós, Giuseppe Bautista Pandiani, era natural da provincia de Pavia, na Lombardía.[1]

Comezou xogando no seu país, no CA Basañez e CA Peñarol entre 1994 e 2000, para despois dar o salto a Europa fichando polo Deportivo da Coruña durante 2 temporadas, cun ano cedido no Real Mallorca, con cal gañaría a Copa do Rei.

Á temporada seguinte volveu ao Deportivo, aínda que, debido ás diferenzas co club e o seu adestrador, Javier Irureta, foise a Inglaterra a xogar cedido no Birmingham City na temporada 2005-2006. Tras un grande debut no seu primeiro partido, o club ofreceulle contratalo o seguinte verán, pero ao non manter o seu bo rendemento volveu a España, esta vez fichando polo RCD Espanyol, con quen gañaría unha Copa do Rei e lograría un subcampionato na Copa da UEFA, edición na que logrou ser o máximo goleador.

En xullo de 2007 fichou polo CA Osasuna por 3 temporadas, a onde chegou para completar a dianteira rojilla e achegar calidade e experiencia ao equipo.

Na tempada 2011–12 fichou novamente polo RCD Espanyol.[2]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección uruguaia en catro ocasións, pese a ser convocado máis veces.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como adestrador en Cataluña, adestrando os equipos xuvenís do Masnou, onde xogaban os seus dous fillos. En 2016 adestrou durante uns meses o primeiro equipo, e posteriormente exerceu como adestrador nas canteiras do Europa e o Hospitalet.[3] En 2018 obtivo a licenza de adestrador UEFA Pro tras asistir ao curso da Federación Española, onde tivo como profesor ao futuro seleccionador español e campión da Eurocopa Luis de la Fuente.[4]

En xullo de 2019 colleu as rendas do Lorca FC, na Terceira División, pero dimitiu en decembro xunto a todo o corpo técnico, por problemas coa directiva do club.[5] En agosto de 2020 converteuse no director de canteira do Dibba Al-Hisn, dos Emiratos Árabes Unidos, e pouco despois foi ascendido a adestrador do primeiro equipo, na segunda división do país.

En xullo de 2021 regresou ao seu país, como adestrador do Club Altético Cerro, na segunda división.[6]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Peñarol
Deportivo
Mallorca
Espanyol
  1. Centeno, Alexandres (6 de febreiro de 2001). "Scaloni y Pandiani acreditan su ascendencia italiana". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  2. "El Espanyol ficha a Pandiani por una temporada"
  3. "Pandiani dirigirá al juvenil de L'Hospitalet" (en castelán). 27 de xuño de 2017. Consultado o 18 de xullo de 2021. 
  4. Piñeiro, Sergio (13 de xullo de 2024). "Luis de la Fuente, un maestro para una generación de técnicos deportivistas". Riazor.org (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2024. 
  5. "Walter Pandiani y su cuerpo técnico abandonan el Lorca FC". COPE (en castelán). 29 de decembro de 2019. Consultado o 18 de xullo de 2021. 
  6. "Walter Pandiani, nuevo entrenador del Club Atlético Cerro" (en castelán). 18 de xullo de 2021. Consultado o 18 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]